Concurso literario 2017: “Imaginación sin fronteras”

   Image

Xa temos en marcha o IX Concurso Literario do noso Colexio. Como nas derradeiras edicións, este certame busca animar ao noso alumnado no maravilloso mundo da expresión escrita creativa sen esquezernos deses aprendizaxes relacionais e sociais que son o fundamento do noso proxecto educativo.
Así este ano a institución á que se lle adica esta actividade é Médicos Sin Fronteras.
A multiexpatriada Mónica Álvarez achegouse esta semana á Praza Maior 26 para compartir cos alumnos e alumnas de 3º de Ed. Primaria ata 4º de  ESO,  as súas vivencias, a razón de ser do seu traballo por facer un mundo mellor desde Haití a Sudán do Sur, desde crisis nutricionais ata a crisis do ébola.
Agora os nosos contos contarán tamén as súas historias. Convidámosvos o vindeiro nove de maio a compartilas con nós.

Image